A TVG foi a canle autonómica máis vista a fín de semana

TVGCunha cota media de pantalla entre o sábado e o domingo do 10,5% no conxunto do día e do 11,6% no prime time, a TVG foi a canle autonómica máis vista esta fin de semana en ambas as dúas faixas horarias, situándose en cada unha delas como inmediatas competidoras, respectivamente, TV3, a unha distancia de 2,2 puntos, e ATV, a 8 décimas da televisión pública galega.

No ámbito galego, a Televisión de Galicia foi a segunda canle máis vista, superando a Antena 3, La 1, LaSexta e Cuatro.

Cómpre salientar tamén que o sábado a TVG foi quen de acadar cinco dos dez programas máis vistos, entre os que atoparon os tres primeiros da clasificación: “Telexornal Mediodía 14.30 h.”, “Telexornal Mediodía 15.00 h.” e “Bamboleo”, facéndose así co liderado nos programas informativos e de entretemento.

Ademais, a canle autonómica galega acadou ese mesmo día o minuto de ouro en Galicia, o máis visto de todas as canles que emiten na comunidade, que se produciu ás 14.53 h., con 156.000 espectadores de audiencia media e unha cota de pantalla do 24,1%.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar