Gardacostas galegos ensinan as suas técnicas a profesionais australianos

Helicóptero Pesca I_Salvamento Marítimo_en evacuaciónDous nadadores de rescate australianos visitaron esta semana as instalacións do helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia en Vigo e realizaron diferentes accións de formación con membros do servizo aéreo de rescate de Gardacostas, co obxectivo de coñecer os procedementos e o equipamento utilizado na nosa comunidade para os rescates e as e evacuacións aeromédicas.

Os rescatadores australianos realizaron esta visita interesados pola traxectoria de máis de 25 anos de experiencia deste servizo da Xunta e polos medios cos que conta Galicia en materia de salvamento. Durante a visita intercambiaron experiencias cos seus homólogos galegos que lle explicaron o seu sistema de traballo e os medios que utilizan. Ademais, fixeron prácticas de natación e adestramento na ría de Vigo co equipo que empregan os rescatadores do Servizo de Gardacostas.

Tras esta visita, a vindeira semana, cinco rescatadores do Servizo de Gardacostas e os rescatadores australianos asistirán ao Encontro Mundial de Nadadores de Rescate que se celebra en La Spezia (Italia) do 8 ao 10 de xuño. Nestas xornadas asistirán a conferencias, visitarán unha base de helicópteros, asistirán a un exercicio de salvamento e intercambiarán experiencias de traballo.

Servizo de Gardacostas

O Servizo de Gardacostas é o organismo dependente da Consellería do Mar que ten as funcións de vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Estrutúrase en servizos centrais e en unidades operativas distribuídas por todo o litoral de Galicia. Para desenvolver os seus labores por vía aérea o servizo conta co helicóptero Pesca 1, con base en Vigo e co Pesca 2, con base en Celeiro. No ano 2015 este servizo cumpriu 25 anos de historia e neste tempo salvou a vida de máis de 1.500 persoas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar