Acordo Xunta-USC para a construcción da nova Facultade de Medicina

Vázquez Almuiña_rector Viaño_acordo para nova facultade de Medicine e Odontoloxía na USC

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, asinaron un convenio co obxecto de establecer a colaboración para a construción dunha nova facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, a carón do actual Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

A Universidade de Santiago de Compostela convocará un concurso para a realización do anteproxecto do novo edificio que albergará á nova Facultade de Medicina e Odontoloxía. Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde comprométese a colaborar no financiamento dos custos de participación no concurso.

No caso de que dentro do exercicio orzamentario de 2016 se verifique a viabilidade da execución do proxecto, o Servizo Galego de Saúde e a USC establecerán os instrumentos que se consideren necesarios para financiar os custos de redacción do proxecto básico.

 

FACULTADE DESDE 1648

A Facultade de Medicina da USC, creada en 1648, ocupa desde 1928 un edificio na rúa San Francisco do casco histórico de Compostela, onde se trasladou desde o Colexio de Fonseca para estar preto do Hospital Real (entón Hospital Clínico).

Co tempo, as instalacións resultaron insuficientes para satisfacer o incremento da demanda de actividade clínica e asistencial, polo que se fixo necesaria a construción dun novo edificio, que hoxe se coñece como Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e foi inaugurado en outubro de 1999.

Posteriormente creouse pola USC a agrupación estratéxica Campus Vida, biocluster no campo das ciencias da saúde, alcanzando en 2009 a cualificación de Campus de Excelencia Internacional de ámbito rexional, e ampliándose en 2011 a Campus referencia global.

Construíu tamén nas proximidades do Hospital Clínico Universitario, o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) que integra a grupos de investigación de profesores de materias básicas da titulación de Medicina.

Ademais, en 2008 constituíuse mediante convenio entre o Servizo Galego de Saúde, a Consellería de Sanidade e a USC, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que de seguido acadou a acreditación do Instituto de Saúde Carlos III, integrando a profesores de áreas clínicas da Facultade de Medicina e a persoal do Hospital, no que ten situada a súa sede.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar