O xornalista Miguel Bóo presenta jhoxe na Coruña o seu libro sobre a emigración no Brasil

Miguel Bóo_sorrinte

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá hoxe na súa sede da Coruña (Cantón Grande, 8) a presentación do libro de Miguel Boó, «Manuel Rieiro: cómo conquisté Brasil», que estará precedida, a modo de introdución, pola conferencia «La emigración: la cara del éxito y la cruz del fracaso», impartida polo propio autor da biografía. O presidente da Asociación da Prensa da Coruña, Manuel González Menéndez, presentará o conferenciante e escritor. O acto terá lugar ás 20.00 h.

O AUTOR

Xosé Miguel Alonso Boó (1955) é doutor en Comunicación, xornalista, escritor e músico. A súa versatilidade levouno a ser tanto impulsor e cantante dun grupo rock coma actor e mesmo director teatral. Na súa actividade como xornalista chegou a ser director do Diario 16 de Galicia.
Na súa primeira novela Abreviatura autista de Deus (2006), un relato iconoclasta, desesperado e claustrofóbico, abordou as relacións de parella, o papel subversivo do sexo e a crueldade da enfermidade, con rancorosas referencias a un deus abreviado, incompleto e vingativo. Tras publicar o ensaio histórico La Correspondencia Gallega e o desastre do 98 (2007), sobre as guerras de Cuba e Filipinas, no verán de 2015 deu ao prelo La mala prensa del eucalipto, unha voluminosa pero accesible e amena versión da súa tese de doutoramento. Na actualidade prepara a biografía de Suso Vaamonde.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar