Pontevedra: Amigos do Camiño e o Concello promocionan a Ruta Xacobea

Amigos do Camiño_alcalde Pontevedra_Miguel Anxo Fernánde Lores

Unha peregrinación polo Camiño Portugués da Costa pola variante espiritual, o concerto “Camiños” e o XV Encontro de hospitaleiros/as son as actividades programadas pola Fundación Camiño de Santiago (Amigos do Camiño) para este ano e que serán co financiadas ao 50% polo Concello, ao abeiro do convenio de colaboración asinado hoxe polo alcalde Miguel Fernández Lores o o presidente da Fundación Celestino Lores.

O Concello aportará 8.000 euros á Fundación, cuxos 80 voluntarios xestionan o albergue de peregrinos de Pontevedra, no que fixeron noite o pasado ano 14.000 dos 46.000 peregrinos que pasaron pola cidade do Lérez camiño de Compostela. Unha grande porcentaxe dos demais pernoctaron en aloxamentos e hoteis da cidade e contorna e todos, en máis ou menos medida, fixeron gasto na hostalería e o comercio locais. Trátase dunha cifra marca, incluíndo anos xacobeos.

O Camiño Portugués é un activo dinamizador da economía local e de promoción da cidade, aspectos moi valorados tanto polo Concello como por Amigos do Camiño que leva a bandeira de Pontevedra alá onde vai e que atopa na administración local un estreito colaborador.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar