Ourense abre un aula para o ensino gratuito da informática

Aula Cemit Xunta_3O Centro de Coñecemento La Molinera está funcionando xa a pleno rendemento e coas portas abertas para todos os veciños e veciñas que desexen utilizar as súas instalacións.

O goberno municipal quixo prescindir de inauguracións oficiais para un edificio que levaba dous anos agardando pola súa posta en funcionamento, preferindo que a súa apertura estivese ligada a unha programación efectiva de actividades. Deste xeito, ata o mes de xuño están programados 14 cursos gratuitos de informática básica e internet, imaxen e vídeo, páxinas web, ofimática e charlas por videoconferencia. Estas actividades complementaranse con obradoiros. Os interesados en participar nestes cursos poden inscribirse dende hoxe mesmo no propio Centro de Coñecemento La Molinera (rúa do Bebedoiro, 1) ou na web http://cemit.xunta.es/centro/55. Tamén poden solicitar información no teléfono 988 374 523 ou no correo electrónico aula@ourense.es

NUMEROSOS CURSIÑOS DE FORMACIÓN

O alcalde, Jesús Vázquez, recalca que “en tempo récord en con plena actividade ata o mes de xuño, este goberno conseguiu poñer á disposición da cidadanía de Ourense o Centro de Coñecemento La Molinera, ofertando unha ampla gama de cursos que se irán incrementando”. De feito, a filosofía de portas abertas de La Molinera busca tamén que a planificación de actividades parta da participación e as propostas aportadas pola cidadanía que se achegue a este centro.

O rexedor ourensán matiza tamén que “dende hoxe, todos os interesados en coñecer as instalacións e servizos desta instalación municipal, poderán acudir a este edificio, que contribuirá, ademáis a dinamizar os barrios do Polvorín e das Camelias. La Molinera está chamado a ser un centro de referencia no ámbito da investigación e innovación tecnolóxica, así como do coñecemento”.

O traslado da aula CeMIT a La Molinera supón un aforro mensual no antigo aluguer de 2.642,91 euros, o que repercute nun aforro anual para as arcas municipais de 31.714,92 euros, tal e como se fixaba no Plan de Reestructuración de Edificios Municipais. De feito, a posta en funcionamento de La Molinera realizouse sen aumento de persoal municipal nen do orzamento, optimizando así os recursos propios do Concello de Ourense.

Esta é unha  das numerosas aulas públicas existentes en Galicia que ten a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar