Evaucuado un home maior en Boiro por inhalación de fume

Un home resultou afectado por inhalación de fume ao declararse un lume na súa vivenda, no concello coruñés de Boiro, nun piso da rúa Poeta Manuel María.

Varios particulares alertaron ao 112 Galicia de que vían saír fume por un balcón, pero descoñecían se no interior da vivenda había alguén.

O persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Boiro, aos de Ribeira, a Urxencias Médicas,  Protección Civil e á Policía Local. Os Bombeiros de Boiro localizaron no interior da vivenda a un home maior. Foi trasladado a un centro sanitario debido á inhalación de fume.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar