Plan de apoio a 50 familias lucenses en situación de pobreza

Rey Varela_Lara Méndez_alcaldesa Lugo_convencio favorecer familias sen recursos

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director corporativo da Área Social da Fundación Bancaria La Caixa, Marc Simón; e o director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, presentaron este martes no Salón de Plenos do consistorio un plan conxunto entre as tres entidades co obxectivo de loitar contra a pobreza infantil. Trátase de CaixaProinfancia, un programa de atención á infancia en situación de pobreza e exclusión, dirixido a familias con menores de entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade, que beneficiará a 50 familias lucenses e a entre 75 e 80 nenos e nenas da cidade, fundamentalmente das zonas de Lamas de Prado e A Milagrosa.

A conselleiro subliñou que destinar “máis recursos que permitan implementar novos programas e accións dirixidas ás persoas que precisan máis apoio é unha obriga de calquera administración responsable e sensible” e, neste senso, destacou a importancia que “teñen convenios coma este para as entidades locais”, pola súa proximidade ao cidadán. Puxo así mesmo en valor “a achega social” de La Caixa e “a importancia da alianza que selamos hoxe para loitar contra a pobreza infantil na cidade de Lugo”.

A rexedora destacou que este plan ten como obxectivo “evitar que a pobreza se herde, romper con esa inercia, protexendo aos máis vulnerables da nosa sociedade para garantir a igualdade de oportunidades”. A pobreza infantil é en España do 35,4%, e en Galicia do 24,4%, o que supón que 95.000 nenos e nenas galegos son vítimas desta situación, “algo que non podemos permitir”, asegurou Lara Méndez, polo que subliñou a importancia do convenio coa Xunta e La Caixa, mostra ademais dos bos froitos “da colaboración público privada e da implicacións de distintas administracións”.

A lcaldesa agradeceu a implicación da obra social de La Caixa “focalizada na atención aos nenos e nenas”, e afirmou que o Concello “non escatimará esforzos para loitar contra a pobreza infantil. Mentres haxa un só neno en risco, temos que actuar para conseguir unha sociedade xusta e igualitaria”.

O director corporativo da Área Social de La Caixa afirmou que  só coa mellora da edudación será posible rachar coa peor estatística e garantir a igualdade de oportunidades.Marc Simon explicou que o programa CaixaProinfancia leva consigo axudas económicas para alimentación, hixiene e material escolar, entre outras, pero sobre todo  o reforzo escolar, psicolóxico e de ocio e tempo libre.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar