Abel Caballero reclama a suspensión da peaxe da AP-9 entre Vigo e Redondela

Abel Caballero pola supresión de peaxe no tramo de Vigo da AP-9

O alcalde reclamará aos gobernos central e autonómico que a entrada desde a saída de Buenos Aires ata o centro da cidade sexa tramo urbano para o que habería que construír dúas glorietas para conformar unha nova ronda urbana.

Trasladará esta proposta aos gobernos autonómico e central coa convicción de esta actuación, que non será agresiva para o contorno, resolverá problemas de acceso ao Porto, mellorará a circulación por Sanjurjo Badía o que redunda en melloras para a economía e a industria de Vigo.

Caballero afirmou que o Goberno central é o responsable de sufragar esta circunvalación, como xa fixo no seu momento coa VG-20 ou a de Arquitecto Palacios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar