1.700 galegos voltan a Galicia dende a emigración

O número de galegas e galegos residentes no estranxeiro ascendeu, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), ata as 503.840 persoas, a data 1 de xaneiro de 2016, cun incremento tres puntos porcentuais menor ca o resto de España.

Cómpre aclarar que o número global de galegos residentes no Exterior débese, segundo os países e grupos de idade, ao crecemento vexetativo por nacemento de galegos no Exterior; ao retorno de cidadáns con pasaporte español ou dobre nacionalidade, e veciñanza galega, aos seus países de nacemento; e sobre todo, como factor fundamental, á adquisición de nacionalidade como españois, adscritos a algunha provincia galega, de cidadáns xa nados no estranxeiro.

Así, mentres aumentou o número galegos residentes no Exterior xa nados no estranxeiro, en 11.827 persoas, descendeu en cambio o de galegos nados en Galicia que emigraron, que baixou en 1.741, desde 149.315 a 147.574. A diferenza entre ambas cifras é a que arroxa o saldo de 9.870 persoas de aumento global, sempre segundo os datos oficiais feitos públicos hoxe polo INE.
O aumento no número de galegos residentes no Exterior non debe identificarse co número de persoas que “emigran”, pois a inmensa maioría dos primeiros nunca residiron en Galicia. Así, dos galegos residentes no Exterior, un 69’06 % naceu xa no estranxeiro, e a porcentaxe dos que naceron en Galicia e marcharon segue a diminuír, do 30’22 % en 2014 ao 29’28 % en 2015.

Desa necesidade de diferenciar emigrante versus residente no Exterior dá proba o feito de que Arxentina, Cuba, Brasil e Venezuela sexan algúns dos países onde se rexistra nos últimos anos o aumento máis significativo de cidadáns galegos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar