Caldeiros de auga contra un coche incendiado co conductor dentro

 

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon onte ao condutor dun turismo que empezou a arder tras sufrir un accidente en Oleiros. Rapidamente, os viandantes apagaron o lume con caldeiros de auga, pero, aínda así, o persoa que conducía o coche necesitou asistencia médica e foi trasladada por unha ambulancia de Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia.

O CAE 112 Galicia rexistrou o accidente ás 19:20 horas de onte na Rúa Salvador Allende e, ademais dos Bombeiros de Arteixo, foron informados os axentes da Policía Local e Protección Civil.

COLISIÓN

Ademais, en Santiago de Compostela, dous turismos colidiron na N-525, ao paso pola parroquia de Marrozos. Un dos vehículos implicados envorcou e unha persoa quedou tendida no chan. Despois da chamada dun particular ás 19:25 horas de onte, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos servizos médicos, dos axentes da Garda Civil e dos bombeiros da cidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar