O BNG aspira ser «chave na derrota» do PP

Ana Pontón_Asamblea Nacional do BNG

A primeira reunión do novo Consello Nacional que deu luz verde a folla de ruta para iniciar o proceso de debate para a refundación do BNG coa vista posta nas eleccións galegas e mesmo nun posible adianto electoral a nivel estatal. A portavoz nacional, Ana Pontón, subliñou o carácter “absolutamente novidoso” deste proceso co que o BNG quere recuperar o pulso social e electoral e ser chave na derrota da dereita e das políticas “tóxicas” de Feijóo.
A segunda cuestión aprobada polo Consello Nacional cualificada de “moi importante” é a preparación para enfrontar as eleccións de 2016.“Iniciamos un proceso nunca vivido no nacionalismo que ten como obxectivo ampliar a militancia e a base social e resituar ao BNG como a referencia fundamental para a derrota do PP”, indicou a dirixente nacionalista, quen convidou a todas as persoas nacionalistas sen distinción de afiliación ou militancia a que participen “se entenden que o noso país precisa forzas políticas propias, pois este proceso de debate abre un espazo cara adentro pero, sobre todo, cara a fora, onde van poder aportar, definir, soñar e modelar a organización e o futuro do nacionalismo”.

“A preparación do proceso das eleccións galegas, e por iso aprobamos iniciar a rolda de contactos con outras organizacións políticas e colectivos coa finalidade de conformar unha candidatura nacionalista que ten que ser clave na derrota do PP que está situando ao noso país nunha situación desastrosa”, explicou a tamén deputada Ana Pontón.

Para o Bloque, “é evidente que as políticas de Feijóo son tóxicas e corrosivas para o noso país e necesítase un cambio de 180 grados no goberno galego e o BNG está traballando desde xa para ser unha peza fundamental na derrota do PP e poñer en marcha un cambio real no goberno da Xunta”, argumentou Pontón.

 

RENOVACIÓN

 

O documento aprobado polo Consello Nacional marca metodoloxía, cronograma e temas de debate nun proceso “participativo, aberto, de abaixo arriba”, con tres grandes ámbitos de discusión sen limitación algunha máis aló do carácter nacionalista e dos principios básicos do BNG referendados pola militancia na XV Asemblea Nacional. Radiografía da Galiza actual, estratexia política do nacionalismo galego e participación política e modelo organizativo.

O Consello Nacional renovou ao 43% dos seus integrantes coa incorporación de xente nova cunha medida de idade por debaixo dos 35 anos, a maioría procedentes do ámbito do traballo social e do ámbito de responsabilidade municipal, como é o caso da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, ou dos portavoces municipais de Lugo, Rubén Arroxo e de Ribeira, Luis Pérez Barral. Olalla Rodil, Silvia Carballo, Alba Feixóo, Yesica García, Iago Varela, Raquel Suárez son tamén “sabia nova” tanto por idade como por incorporarse por vez primeira ao máximo órgano de dirección do Bloque.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar