Nenos e adultos participarán hoxe en Ourense na proba deportiva ‘Miño Radikal’

Cincocentos amantes do deporte de todas as idades, tanto nenos como adultos, participarán hoxe na segunda edición de Miño Radikal, que organiza o Consello Municipal de Deportes. Esta é unha actividade de carácter

Proba atlética Concello Ourense Miño_1

lúdico-festivo-competitivo, que percorrerá os paseos fluviais do río Miño, convidando aos participantes a afrontar o reto de superar unha proba de obstáculos ao tempo que gozar da beleza paisaxística e natural desta contorna.

O certame, nesta a súa segunda edición, aposta este ano por mimar os detalles para que a proba ourensá sexa referente nesta especialidade pola súa calidade e singulariedade, ao percorrer unha das zonas máis fermosas, emblemáticas e identificativas de Ourense, a contorna do río Miño e as súas áreas termais, dun xeito lúdico e competitivo. A aposta busca tamén o deporte para todos, e ábrese a escolares na modalidade Mini-Miño Radikal, que contará neste primeiro ano con 162 menores de 18 anos.

 

Proba atlética Concello Ourense Miño_2

 

A organización agradece a colaboración de entidades patrocinadoras e colaboradoras no desenvolvemento da proba, así como do persoal das concellerías de Infraestruturas e Escola Obradoiro para preparar esta edición. Tamén convida á veciñanza de Ourense a que se anime a ver a proba e desfrutar co extraordinario espectáculo que proporcionan nunha contorna tan fermosa como as marxes do río.

A actividade propón un percorrido circular de 12.700 metros no que será preciso superar obstáculos como arañeiras feitas con cordas, neumáticos, tubos, paredes, trincheiras… A  saída e meta estará nas inmediacións da Ponte Vella, no Parque da Ponte. O percorrido será ata a pasarela de Outariz con volta e ata a pasarela de Oira para chegar de novo á meta.

As persoas adultas tomarán a saída en 5 quendas, entre as 12,00h e as 13,00h. Haberá tres premios individuais: trofeo máis 200, 150 e 100 euros en material deportivo e por equipos mixtos (grupos de 4 integrantes con representación de ambos xéneros). A entrega de trofeos será ese mesmo día no Parque da Ponte ás 14,00h.

PROBA NON COMPETITIVA PARA CATIVOS

Como novidade este ano, o Consello Municipal de Deportes integra nesta actividade a nenos e mozos menores de 18 anos, coa celebración da I Mini-Miño Radikal.

Será tamén unha proba de obstáculos polas beiras do río Miño, aínda que non de carácter competitivo: non haberá clasificación. Si será preciso, en todo caso, inscribirse e recoller o distintivo para poder participar

Haberá dúas quendas: A primeira, con saída ás 11h, será para escolares que nacesen entre os anos 2009 e 2005 (103 en total), e que deberán completar 1.300 metros desde a Ponte Vella ata pasarela do Centro Comercial Ponte Vella. A segunda quenda, desde as 11h15, será para escolares (59) de entre os anos 2004 e 1998: 3.500 metros entre Ponte Vella e Pasarela de Oira. A inscrición neste caso será gratuíta.

Arranca así unha cita máis coas carreiras para todos, que terá continuidade co circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense ou a emblemática Carreira Popular San Martiño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar