Evacuado en Vigo por intoxicación por fume

Un incendio na rúa Pizarro de Vigo rematou cunha persoa trasladada por inhalación de fume. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia minutos antes das 6:30 horas desta mañá. O seu piso estaba cheo de fume, despois de que lle arderan unhas pertenzas.

O persoal do 112 Galicia informou do incendio aos Bombeiros de Vigo e a Policía Local da cidade, que se desprazaron decontado ao domicilio. Segundo afirmaron os Bombeiros, o lume orixinouse nunha alargadeira e non se estendeu pola casa, aínda que provocou moito fume.

O afectado acabou sendo trasladada ao Hospital Nosa Señora de Fátima, en Vigo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar