O Concello de Lugo impulsa a práctica do xadrez nos centros escolares

Fomento-xadrez_Concello-de-Lugo

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron este mércores os novos cadernos de xadrez para os nenos e nenas dos centros educativos públicos do municipio. Trátase dun novo instrumento didáctico, que actúa como reforzo ás clases de xadrez nos centros educativos e que pretende ensinarlle aos máis cativos este xogo, pero dun xeito ameno e divertido.

O Concello editou 4.000 exemplares deste cuadernillo, que foi realizado por 4 membros de Xaquedrum, e que a entidade local distribuirá de xeito gratuíto entre os alumnos que participaron nas campañas de pre-xadrez na escola e os cativos que asisten ás actividades extraescolares de xadrez, unha actuación que da resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

No acto de presentación, que tivo lugar no CEIP Menéndez Pelayo, Núñez animou aos alumnos de educación infantil, que recibiRon cadanseu exemplar deste caderno, a iniciarse no xadrez, destacando os beneficios que aporta e os valores educativos da súa práctica, como a potencia da memoria, a mellora da capacidade cognitiva, a resolución de problemas ou a toma de decisións, estando incluso recomendado pola UNESCO para integralo como disciplina de estudo nos plans académicos.

Viñetas para colorear, gráficos da xogadas e a forma de mover as pezas son algunhas das actividades que se poden atopar neste libro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar