Ocioourense Xove inicia a súa oferta saudable

Ocio Ourense Xove_Jesús Vázquez

O programa Ociourense Xove 2016 comeza o seu programa de hábitos saudables para a mocidade (15-30) con 15 actividades como baile, Dj, Xadrez ou Cine, no propio Espazo Lusquiños, ou bicicleta de montaña, escalada, buceo, foto en ruta, cociña ou cócteles sen alcohol, noutros emprazamentos da cidade. O Concello de Ourense amplía así ata un 30% a oferta de actividades de lecer para mozos e mozas do programa Ociourense Xove 2016 coa finalidade de chegar a 1.500 participantes dende marzo ata maio. Este ano o Concello une a dúas Concellerías: Sanidade e Xuventude co obxectivo de sumar sinerxias para acadar os mellores resultados.

Concretamente, Ociourense Xove 2016 incrementa de 17 a 22 as actividades programadas. Con elas, o Concello prevé aumentar un 25% o número de participantes, pasando dos 1.200 do ano pasado a 1.500 nesta nova edición. O orzamento medra tamén, un 15% e pasa de 60.000 a 69.000 euros. A programación pon á disposición de mozos e mozas de Ourense un total de 22 actividades que se desenvolverán dende o venres, 4 de marzo. Será ata a última fin de semana de maio, cando se realizarán as tres derradeiras actividades: Rol en vivo, Andaina sen tabaco e a Festa da Xuventude.

O programa está organizado polo Concello de Ourense coa colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Colaboran a DGT e Cineclube Padre Feijóo.

 As persoas interesadas poden inscribirse a través da enderezo electrónico ociourense@ociourense.es, ou solicitar máis información nas concellerías de Sanidade, na rúa Concordia, 20, 988 510622, e Xuventude, na Praza de San Martiño, 988 388154.

 Os prazos de inscrición abriranse 15 días antes data do comezo de cada un dos tres bloques de actividades en que se divide a programación (logo abriranse 15 días antes dos días 8 de abril e 6 de maio).

 NOVIDOSAS PROPOSTAS

O programa de OciOurense Xove 2016 incorpora novidades como os obradoiros de técnicas básicas DJ, Masters do Xadrez, o de banda deseñada Cómiqueando e o de conversa en idiomas Té das 5.

Dá continuidade tamén a propostas desenvolvidades con grande éxito en anteriores edición, como BTT, Escalada, Parkour, Piragüismo, Foto en ruta, A bailar, Globoflexia, Buceo, Xogos de sempre, Camiñar na noite, Sábados de Cine, Iniciación á Maxia, Cócteles sen alcohol, Caza Foto.

As actIvidades realizaranse en diferentes escenarios, como Espazo Lusquiños, Aula de Saúde, Parque Miño, central de Velle, Campo da feira, Aula de cociña, a cidade vella ou cafeterías, no caso do “Té té das 5”.

O programa ten un orzamento de 69.000 euros, dos que o Ministerio de Sanidade achega 42.000 mediante a convocatoria de axudas aos concellos para o desenvolvemento de programas de prevención de drogodependencias con cargo ao Fondo de Bens comisados por tráfico de drogas e outros delitos relacionados. A Concellería de Saúde achega 18.000 e Xuventude 9.000 euros.

 Os obxectivos son Fomentar estilos de vida positivos e saudables, Incidir na redución da demanda e uso de drogas, promover alternativas de lecer lúdicas, participativas e de relación, instalar pautas de lecer que fomenten o desenvolvemento e a creatividade, fomentar a utilización de recursos de espazos públicos da cidade para un lecer activo e positivo e ensibilizar no valor da equidade entre xéneros

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar