O comercio local liquida a tempada en Expourense: Mostra da Oportunidade

Mostra de Opoetunidades Ourense_3

A Mostra da Oportunidade abriu esta mañá en Expourense as portas da súa 23ª edición ofrecendo os mellores prezos e vantaxes en milleiros de artigos que converten ó recinto feiral, ata este domingo, nun gran centro comercial que está a servir para poñer o punto final ao período de rebaixas da tempada e onde o comercio local está a demostrar a calidade e variedade dos produtos cos que traballa e a aproveitar esta cita para liquidar stocks a prezos moi reducidos.
Facendo un percorrido polos expositores que participan nesta edición, as opcións de compra multíplicanse debido a época do ano que estamos a vivir. Pódense atopar dende agasallos especiais para o Día do Pai que se celebra en 15 días ata prepararse para as vacacións de Semana Santa, sexan esta na praia ou na montaña, xa que é posible mercar dende bikinis e sandalias ata prendas de abrigo e de pel. A ampla oferta en moda, calzado e complementos para toda a familia, mascotas incluídas, tamén converte a esta cita nunha boa oportunidade para prepararse para a tempada de vodas, bautizos, comuñóns e outros eventos.

Mostra de Opoetunidades Ourense_1
E deixando a un lado á moda, nesta Mostra pódese adquirir tamén todo o necesario para arranxar o xardín e a horta de cara a primavera ou ir elixindo estufa ou cheminea para o inverno que vén. A oferta en fogar compleméntase cunha ampla gama de sistemas de descanso, sofás, mobiliario e pequenos electrodomésticos.
Todos estes produtos son ofrecidos polos aproximadamente 90 expositores que participan nesta edición e entre os que destacan aqueles que participan de xeito agrupado por estar vencellados a un centro comercial aberto e promovendo así o asociacionismo dende Expourense.Están presentes as asociacións fundamentalmente de Ourense e comarca como as de Ourense Centro, do Couto e a Asociación de Comerciantes de Allariz. Participan tamén por primeira vez a Asociación de Comerciantes Ourense Norte e AGAECA de A Valenzá.

Mostra de Opoetunidades Ourense_2
Os establecementos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decoración, alimentación, etc.) a prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que agarda recibir a Mostra da Oportunidade.
Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días de feira. O prezo de entrada á Mostra será de 1 euro.
A Mostra ofrece ademais un amplo aparcamento gratuíto e un gran área de lecer infantil con servizo de ludoteca gratuíta en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20:30 h. Todo isto converte á Mostra da Oportunidade nunha excelente opción para gozar dun día de compras en familia aproveitando ademais as mellores ofertas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar