José Manuel Baltar aspira á reelección no primeiro congreso provincial do PPdeG

Manuel Baltar víspera Congreso PP OUrense_1

A comisión organizadora do dezasete Congreso provincial do Partido Popular de Ourense, acordou na reunión celebrada a mediodía de onte a proclamación definitiva de Manuel Baltar Blanco como candidato á presidencia da formación popular, avalado por un total de 610 compromisarios.

Os membros da comisión tamén procederon ao nomeamento dos integrantes da mesa do congreso, que estará presidida por Miguel Santalices. Acompañaranlle María González Rivero como vicepresidenta; María Iglesias Neto nas funcións de secretaria; e María Antonia Rilo, José Luis Suárez e Asunción Morgade como vocais. Tamén estará na mesa, en representación da comisión organizadora, Mónica Mourelo.

Outra das decisións adoptadas hoxe foi propoñer aos compromisarios a inclusión no programa dun novo punto, como é a lectura e votación dun manifesto en defensa da deputacións. Aínda que non estaba previsto no momento da convocatoria do congreso, sinalou a comisión, o pacto de goberno entre o PSOE e Cidadáns outorgou unha especial relevancia a esta cuestión. A lectura do documento correrá a cargo de Plácido Álvarez Dobaño, como portavoz do grupo provincial popular na Deputación.

 

Manuel Baltar víspera Congreso PP OUrense_2

O dezasete Congreso provincial, que ten como lema “Ourense ten forza”, dará comezo ás dez da mañá. Tras a constitución da mesa procederase á presentación de tres relatorios: “Futuro e comunicacións”, que defenderá Cristina Romero; “Turismo e termalismo”, presentada por Gabriel Alén Castro; e “A provincia intelixente; Ourense como referencia”, defendida por Miri Barreira.

O manifesto en defensa das deputacións e o informe de xestión do que dará conta o secretario provincial, Rosendo Fernández, serán os seguintes puntos da orde do día e que darán paso á intervención da vicesecretaria nacional de estudos e programas do PP, Andrea Levy. A seguinte intervención será a de Manuel Baltar, que presentará a súa candidatura aos compromisarios xusto antes da apertura das urnas.

Tras o reconto dos votos, a comunicación dos resultados e a proclamación da candidatura electa, o novo presidente do Partido Popular de Ourense volverá intervir ante o congreso, que será clausurado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

“O novo equipo do Partido Popular terá a mente posta no 26 de maio de 2019, cando se celebren as próximas eleccións locais, co obxectivo de gobernar en todos os concellos da provincia”, dixo esta tarde o candidato á presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante a visita que realizou ao pavillón Paco Paz que mañá sábado acollerá o dezasete congreso provincial dos populares ourensáns.

 

ROSENDO FERNÁNDEZ, SECRETARIO XERAL

 

Manuel Baltar aproveitou a ocasión para anunciar que Rosendo Fernández volverá estar no seu equipo como secretario xeral do partido, destacando o labor realizado nestes tres anos no mesmo cargo.

A cita de mañá, subliñou o candidato, será a primeira de España e de Galicia e nela “pediremos aos compromisarios outros tres anos para seguir facendo máis partido, máis popular e máis Ourense”.

Ademais de avanzar o nome do secretario xeral, Baltar asegurou que o equipo do partido que lle acompañará nesta nova etapa estará caracterizado pola continuidade da renovación, a delegación de funcións e a idade media máis nova de calquera comité. “Nestes seis anos, desde xaneiro de 2010 ata mañá, a renovación do comité executivo foi case absoluta alcanzando o 90 % e no novo equipo será do 33 %”, concluíu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar