A Fundación Down Compostela transmite ao alcalde as suas necesidades

Martiño Noriega_Fundación Down Compostela

Martiño Noriega achegouse á sede que a Fundación Down Compostela ten no barrio de Conxo. Acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e do presidente e secretario da Fundación, Juan Jesús Martínez e Xaime López, o alcalde coñeceu de primeira man as actividades que se realizan no centro, no que participan arredor de 100 persoas de aproximadamente 40 concellos da contorna de Santiago.
Dende a Fundación Down Compostela transmitíronlle as súas necesidades e inquedanzas, que pasan pola inclusión social e laboral das persoas con síndrome de Down.

O alcalde de Santiago comprometeuse a dar traslado a cada un dos departamentos competentes as demandas da fundación, por exemplo en relación ao uso dunha parcela anexa á sede. Entende o alcalde que se trata «dunha cuestión de vontade política e de ver a viabilidade técnica».

Martiño Noriega avanzou que o Goberno municipal está ultimando a inclusión de cláusulas sociais nos pregos administrativos. Asegura o rexedor que «é realmente importante incluír este tipo de cláusulas en toda licitación que se faga, por iso levamos meses a traballar para que se poidan incorporar nos procedementos de contratación públicos».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar