Condutor moi grave nun brutal accidente en Mos

O condutor dun turismo está hospitalizado en estado moi grave despois de sufrir un brutal accidente á primeira hora desta mañá no termo municipal de Mos.
Accidente en Mos
O Seat León que conducía impactou frontalmente cun camión remolque e rebotou contra a parede dunha casa situada na beira desta estrada nacional 550. Tal foi a forza do impacto, que o coche atravesou a fachada e se meteu no salón da casa.

O seu propietario e único habitante nese momento, estaba durmindo e espertou co estrondo. O condutor quedou atrapado dentro do vehículo e tivo que ser liberado polos bombeiros do Porriño. O chofer do camión saíu ileso e foi el mesmo quen deu o aviso ao 112.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar