Abel Caballero expón aos traballadores o traslado da Cidade da Xustiza á torre do Xeral

Abel Caballero_Cidade da xustiza
Nunha reunión celebrada este martes, os representantes dos traballadores trasladaron a Abel Caballero que ven ben a proposta do alcalde de asinar un convenio entre as administracións implicadas no proxecto, para obter «certezas» da súa viabilidade técnica, do financiamento e da cesión gratuíta da torre.

 de 1

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, continuou este martes cos representantes dos traballadores do sector coa ronda de reunións convocada para abordar o proxecto de traslado da Cidade da Xustiza á torre do Xeral.

En declaracións aos medios, o primeiro edil indicou que os traballadores demandan «información do proxecto», posto que a desinformación lles xera «inquietude», o cal «me parece bastante razoable, por outra parte». A partir de agora, abondou, «teremos que empezar a ter as certezas», que o Concello solicitará á Xunta de Galicia.

Caballero valorou que ao comité lle parece ben a sinatura dun convenio entre Concello, Xunta e a Seguridade Social, proposta polo propio rexedor vigués, que certifique «que o proxecto é tecnicamente viable, que ten financiamento e que se produce a cesión gratuíta» da torre do Xeral para o seu desenvolvemento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar