Lugo amplía a formación dos bombeiros profesionais

Alcaldesa Lugo formación bombeiros

Ampliar a formación dos bombeiros de Lugo en rescates en altura. Con este obxectivo o Concello fixo unha achega económica de 7.200 euros para levar a cabo un curso de formación que se imparte este martes no Parque de  Bombeiros de Lugo, no que participarán unha trintena de efectivos do parque en tres quendas diferentes.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou ao longo da mañá aos primeiros 10 participantes que realizan este curso intensivo, que arrancou ás 10:00 horas e se prolongará ata as 18:00 horas. As seguintes quendas terán lugar a semana do 15 e a do 28 deste mes de marzo.

“O coñecemento das técnicas e manobras precisas para o rescate en altura son fundamentais para a protección tanto das vidas dos accidentados como dos propios bombeiros”, explicou a rexedora, quen fixo fincapé na importancia que ten para o Concello a formación dos bombeiros que prestan o seu servizo no municipio. “Máis formación para eles significa máis seguridade para todos”, aseverou Méndez.

Durante a visita, a Alcaldesa avanzou ademais o compromiso do Goberno Municipal por incrementar a plantilla dos bomberios, “algo que sabemos que é necesario”, así como por mellorar o seu equipamento. Para elo, o Concello adquiriu recentemente un camión escaleira de 42 metros, o que garante a evacuación de calquera edificio da cidade, no que fixo un investimento de 1 millón de euros, así como actuacións de mellora ás que destinou 130.000 euros para acondicionar a torre de prácticas, instalar extractores de gases nos camións e adquirir un armario para as recargas de botellas dos equipamentos de respiración. “A dotación e formación que garanta a seguridade dos nosos veciños e aos profesionais que velan por ela nunca é un gasto, é un investimento”, recalcou a rexedora.

A formación é impartida por monitores especializados da Asociación Sociocultural de Bombeiros de Galicia,  que explicarán aos bombeiros a lexislación vixente de rescate en altura, ademais do material a utilizar nestas saídas e na súa aplicación, as técnicas de base, e as manobras de ascenso, descenso e aseguramento, aspectos nos que se baseará a parte práctica deste curso. Durante a xornada empregarán a torre de prácticas, acondicionada recentemente polo Concello, logo de levar sen mantemento  20 anos, así como arneses, cascos ou cordas homologadas. Ao rematar o cursos, os bombeiros recibirán un certificado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar