Tres feridos na colisión dun camión e un turismo en Sanxenxo

 

Tres persoas resultaron feridas este mediodía  tras producirse unha colisión  por alcance entre un camión e un turismo. O accidente tivo lugar en Portonovo, á altura da parroquia de Adina, no termo municipal pontevedrés de Sanxenxo.

 O CAE 112 Galicia tras recibir a chamada de alerta dos servizos sanitarios, requiriu a intervención da Policía Local e dos efectivos do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.

PALAS DE REI

Por outra banda, minutos antes das 12:00 horas,  producíase en Palas de Rei unha saída de vía dun vehículo que circulaba á altura da parroquia de Marzá. Ademais,  segundo explicaron os técnicos sanitarios cando chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso, o vehículo tras saírse da vía chocou contra unha árbore.

Ata o lugar desprazáronse os axentes de Tráfico e os membros de Protección Civil de Palas de Rei e GES de Monterroso. Os efectivos do GES indicaron que  non chegaron a empregar o material de excarceración, pero,  si axudaron a sacar á persoa do interior do vehículo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar