Ourense, na presentación das lanzadeiras de emprego en Madrid

Lanzadeiras de emprego_2Celebrouse  en Madrid a presentación do “Informe de Impacto Social de las Lanzaderas de Empleo Joven” da Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico. Nesta presentación, que estivo presidida pola ministra de Empleo, Fátima Báñez, analizaronse os datos referidos a 2015 e se avanzaron novos proxectos de lanzadeiras de emprego ata 2019 co apoio do Fondo Social Europeo.

Ourense foi a única cidade presente neste acto, acudindo en representación do Concello o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar. De feito, en próximos días asinarase o convenio entre o Concello de Ourense, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico, para a posta en marcha dunha lanzadeira de emprego destinada a xóvenes de Ourense. Asemade, tamén se anunciarán os prazos para os destinatarios e os detalles da lanzadeira de emprego.

UNIÓN DE ESFORZOS

O Concello de Ourense, Fundación Telefónica e Fundación Santa María a Real unirán os seus esforzos na loita contra o desemprego xuvenil, promovendo unha Lanzadera de Emprego na cidade, que servirá para axudar a 25 mozas a fometar unha nova procura de emprego en equipo, reforzar as súas competencias, mellorar a súa empleabilidade e contar con novas posibilidades de inserción laboral.

Lanzadeiras de emprego_1

Para iso, representantes das diferentes entidades subscribirán próximamente un convenio de colaboración, no que se establecerá a data de inicio da lanzadera, a metodoloxía do programa, os destinatarios concretos, requisitos e prazos de inscripción.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar