Ferido ao caer o seu coche por un barranco en Guititíz

Unha saída de vía na N-VI ao seu paso polo concello lucense de Guitiriz saldouse cunha persoa ferida. Segundo alertou un particular ao CAE 112 Galicia pasadas as 16:30 horas, o vehículo sinistrado caeu por un barranco. O 112 Galicia informou do acontecido aos Bombeiros de Vilalba, aínda que non foi precisa a súa intervención.
O persoal do CAE 112 Galicia tamén deu conta do accidente a Urxencias Médicas, a Protección Civil de Guitiriz e á Garda Civil de Tráfico.
A persoa ferida foi trasladada a un centro sanitario de referencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar