O Concello de Vigo reduce a nove días o período medio de pago

Concello Vigo

O período de pago a provedores do Concello de Vigo no mes de decembro baixou a nove días, o que supón en verbas do rexedor, unha cifra marca histórica en calquera institución. En rolda de prensa, Caballero puxo en valor a boa situación financeira do Concello, coa menor débeda de toda España.

Abel Caballero fixo esta mañá un balance da situación financeira do Concello, lembrando que Vigo é a cidade con menos débeda de toda España. Aínda que «xa estamos en débeda cero tecnicamente», dixo, queremos chegar á débeda cero en termos absolutos. Reitero que o Concello rematou o ano con superávit e «o volverá a facer este 2016», o que supón unha importante contribución ao cumprimento das obrigas do Estado. Tamén resaltou que no mes de decembro o período medio de pago a provedores foi de nove días, unha cifra «récord» en ningunha outra institución española.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar