Os socialistas ourensáns celebran unha xornada informativa sobre a Lei do Solo

PSdeG-PSOE Ourense_acto Lei do Solo de Galicia_2Os responsables dos grupos políticos socialistas nos concellos da provincia de Ourense, foron convocados a unha xornada informativa, na sé provincial do PSdeG-PSOE; onde o ex-Alcalde de Santiago de Compostela e deputado autonómico, Pepe Bugallo e o Secretario Xeral provincial e tamén parlamentario galego, Raúl Fernández, explicaron pormenorizadamente a nova lei do Solo e atenderon as dúbidas e consultas dos compañeiros e compañeiras.

Así mesmo, cabe recordar que, Xosé Sánchez Bugallo é vogal na Comisión parlamentar de Ordenaciónno Parlamento. Dende o PSdeG-PSOE da provincia de Ourense, consideran fundamental que os voceiros e os resposables das agrupacións, reciban a mellor e máis directa información sobre unha lei que afecta ao devir diario da cidadanía da nosa provincia. Deste xeito, os concelleiros socialistas poderán trasladar as súas dúbidas e consultas aos seus representantes autonómicos, para posteriormente, poder achegar a mellor información á veciñanza das súas respectivas poboacións.

 

REFORMA PREVENTIVA DA LEI

 

O Grupo Socialista aprobou a reforma preventiva da Lei do Solo porque “o conxunto dos cidadáns non deben pagar os erros e carencias dos representantes públicos”. Así o explicou o responsable da Área do Territorio, Xosé Sánchez Bugallo, no debate da Lei de materias en proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, aprobada para modificar a Lei do Solo antes da súa entrada en vigor.

Os socialistas galegos aceptaron a Lei presentada pola Xunta malia que non foi aprobada a emenda “sensata, positiva e razoable” presentada polos socialistas, polo que Sánchez Bugallo admitiu “defender os intereses dos cidadáns por enriba dos nosos criterios e pareceres”. O obxectivo é resolver a situación creada pola suspensión do PXOM de Vigo para non frear o desenvolvemento da área empresarial do grupo PSA Peugeot Citroën ou a estación intermodal.

PSdeG-PSOE Ourense_acto Lei do Solo de Galicia_1

 

Sánchez Bugallo lembrou que esta situación deriva dunha lei do solo “moi deficiente”, aprobada polo PP sen incorporar unha exención aos proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, para que non dependan da “inexistencia ou inadaptación” do planeamento urbanístico. Sinalou que esta é a primeira norma do Solo dende 1985 que non incorpora esta cláusula.

O goberno galego tivo que salvar o escollo, sinalou, aprobando hoxe e polo procedemento de lectura única, unha norma que entrará en vigor un día despois que a propia Lei do Solo, acadando o cuestionable mérito, lembrou, de modificar unha norma mesmo antes de que entre en vigor.

 

EMENDA Á TOTALIDADE

 

Os socialistas galegos presentaron unha emenda á totalidade para mellorar o texto incorporando unha fase de incorporación pública que permita “corrixir erros e dar seguridade xurídica”. Ademais, buscaba cambiar a consideración do concello como administración expropiante e beneficiaria da expropiación, o que cualificou como un “acto de maldade innecesario, inxustificado e carente de toda lóxica”.

Sánchez Bugallo explicou que “o beneficiario da expropiación pode ser outro que non sexa o propio Concello”, e sinalou que tal e como o vén de aprobar o PP, o custe da diferenza dos xustiprezos “recaerá sobre o concello” e polo tanto sobre os seus habitantes, o que considerou “fondamente inxusto e innecesario”. Reclamou que a condición de beneficiario “sexa algo a pactar entre o Concello e a institución beneficiaria”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar