Ourense pon en marcha oito programas de voluntariado

O Concello de Ourense vén de presentar os oito programas de Voluntariado activos, “accións altruístas que supoñen un apoio fundamental en determinados aspectos aos que as administracións non podemos chegar, pero asumimos a importancia de potenciala e promovela poñendo todos os recursos dos que dispoñemos ao seu servizo”, en palabras do alcalde, Jesús Vázquez. Acompañamento a persoas con mobilidade reducida, a voluntario Ourense 2mulleres que sofren situacións de violencia de xénero, voluntariado medio ambiental ou voluntariado urbano son só algunhas das facetas que se fomentan desde a Oficina de Voluntariado Municipal, que actualmente conta con 502 persoas (345 mulleres e 147 homes) anotadas.

A Concellería de Voluntariado, que dirixe Sofía Godoy, ten en marcha 8 programas para maiores de 16 anos, dos que 4 son de nova creación. “Accións innovadoras que sitúan o Concello de Ourense na vangarda en temas de Voluntariado”, aseguraba a titular da Concellería. Así, as novidades son: un programa de voluntariado ambiental co fin de sensibilizar á poboación ante os problemas ambientais; voluntariado urbano, para implicar os veciños na mellora e conservación dos barrios e do conxunto da cidade; voluntariado europeo, logo de ter obtido a acreditación, por parte da Comisión Europea, de organización de acollida (recibir mozos europeos participantes en programas de voluntariado) e envío (para os mozos ourensáns que queiran participar en proxectos noutros países da UE); e, finalmente, un servizo de acompañamento hospitalario e actividades semi-residenciais a través dun convenio co CHUO e coa Concellería de Voluntariado, para ofrecer apoio e compañía aos enfermos ingresados que, por distintas razóns, así o precisen.

“Estes programas únense aos que xa estaban en marcha, como son o referido a eventos da cidade (deportivos como a San Martiño, festivos como o Samaín ou a Cabalgata, Festival de Cine, etc.); o referido ás entidades de acción voluntaria; o programa de acompañamento a mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero; e o referido a acompañamento a maiores, menores, persoas con mobilidade reducida e persoas sen fogar.

Para anotarse nos programas de voluntariado só é preciso ter máis de 16 anos e inscribirse a través de calquera dun destas tres canles: Concellería de Voluntariado (praza de San Martiño 2 baixo, de 9:00 a 14:00 horas), a Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior 1) ou a través da web www.ourensevoluntario.org, segundo apuntou Miguel Veiras, responsable dos programas de Voluntariado no Concello de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar