Sae por si mesmo do coche tras precipitarse por un desnivel

O condutor dun vehículo que circulaba á altura da localidade pontevedresa de Vila de Cruces, na parroquia de Sabrexo, saíu polos seus propios medios despois de precipitarse por un desnivel.

Ante a posibilidade de que a persoa estivese atrapada no interior do vehículo, ata o lugar, desprazáronse os bombeiros do Deza que, finalmente, non tiveron que excarcerar.

Ás 11:50 horas de hoxe un particular pedía axuda ao CAE 112 Galicia que, de seguido, alertou aos efectivos de extinción e ao persoal sanitario. Asímesmo, solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos do GES de Lalín e de Protección Civil de Vila de Cruces.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar