Duas candidaturas optan á dirixir a nova etapa do BNG

O prazo de presentación de candidaturas para a renovación dos órganos de dirección do BNG finalizou coa presentación de dúas listas que concorrerán á Asemblea Nacional do 28 de febreiro para someterse á consideración da militancia, que se celebra baixo o lema Autoorganización, autogoberno, autodeterminación.

Por un lado, a candidatura proposta polo Consello Nacional do pasado sábado, que encabeza Ana Pontón e, por outro, a candidatura presentada por un grupo de vinte militantes, que encabeza Carlos Branco.

Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos. Cabe a posibilidade de chegar a unha candidatura de consenso ou que ambas se sometan a votación, circunstancia na que, como marca o regulamento, a distribución das persoas que pasarían a integrar os órganos de dirección do Bloque sería de xeito proporcional aos votos obtidos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar