O Concello de Ourense repón o arborado nas rúas e zonas verdes da cidade

O Concello de Ourense realiza durante estes días os traballos de reposición de arborado nas rúas e zonas verdes da cidade coa finalidade de embelecer e dotar de calidade ambiental aos espazos urbanos.

Ligustros, tulíferos, potinias, árbores do amor e ata 150 unidades dunha trintena de especies diferentes son ubicadas desde mediados de febreiro ata os primeiros días de marzo nas rúas da cidade por parte da Concellería de Medio Ambiente, dentro do programa de reposición do arbolado que cada ano se realiza nestas datas.

Para isto, ao remate do pasado ano 2015 realizouse a revisión e reconto de unidades que se perderan ao longo do ano na cidade por diferentes motivos, entre os que lamentablemente vólvese a atopar o vandalismo e os accidentes que veñen representar unha terceira parte do total de unidades perdidas. Desde o Concello solicitáronse os adquirir as árbores, cuxa adquisión e colocación supoñen un investimento duns 30.000 euros.

As labores de reposición constan de apertura de alcorques, retiradas de tocóns vellos, plantación, reenchido de terra vexetal e entitorado con tres titores en triángulo, para acadar a máxima protección fronte a golpes.

 

TRINTA ESPECIES ARBÓREAS

 

Son unha trintena de especies arbóreas diferentes: as máis numerosas son os 29 ligustrum (ligustros) e 29 pothinias, por 17 prunus serrulata (árbores do amor xaponés), 14 árbores do amor e 12 tulíperos.

O Concello concentra este programa a través dunha compra conxunta para reducir os custos de subministración e transporte _moitas unidades proceden de fora de España_- As variedades se elixen en función das características específicas de cada rúa e beirarrúa, tendando manter as que se adaptan mellor en cada zona e sempre que sexa posible a reposición das mesmas unidades que había.

Os traballos comezaron no extrarradio da cidade para avanzar progresivamente cara ao centro urbano, onde se realizan actualmente, coa previsión de que cheguen a estar rematados nun prazo duns 10-15 días. As zonas onde se actuou máis recentemente foron Ramón Cabanillas e Concordia. A próxima semana está previsto colocar unha unidade máis en Concordia e 9 unidades na rúa do Paseo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar