Mondoñedo lembra a Cunqueiro no 35 aniversario do seu pasamento

Álvaro Cunqueiro

 

O Goberno local do Concello de Mondoñedo recorda a Álvaro Cunqueiro a vindeira fin de semana, polo que programou unha serie de actividades coas que ademais conmemora o 35  aniverario do pasamento do escritor, cuxo aniversario mortuorio de celebra o día 28 de febreiro.
O primeiro dos actos terá lugar o venres ás 11:30 horas no Auditorio Pascual Veiga. Os alumnos e alumnas do IES San Rosendo e do CEIP Álvaro Cunqueiro farán unha representación baseada nas obras do escritor.

As actividades seguen o sábado cunha recepción oficial ás 11 da mañá no Concello de Mondoñedo na que participará a Corporación municipal, así como os seus homólogos de Ferrol, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o xornalista e escritor Ramón Loureiro, o vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, o cronista oficial da cidade, Antonio Reigosa, o fillo adoptivo Juan Puchades, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, Félix Villares Mouteria, Armando Requeixo, Aurea Ramil, José María Felpeto, membros do CEIP Álvaro Cunqueiro, do IES San Rosendo e do IES de Foz, así como diversas asociacións culturais e sociais da localidade.

Ás 11:30 farase unha ofrenda floral ante a tumba do escritor. Ás 12:00 horas farase a entrega no Auditorio Pascual Veiga do premio Cunqueranus Emeritus ao poeta, crítico literario, tradutor e membro da RAE, Pere Gimferrer, unha persoa moi destacada nos estudos e divulgación da obra de Cunqueiro. Pere Gimferreras será o encargado de pronunciar a conferencia maxistral ás 12:30 horas. Ao remate, sobre as 13.30 horas proxectarase o documental Imprescindibles: El incierto Señor Cunqueiro dirixido por Antón Reixa e guionizado por Miguel Anxo Murado e emitido pola segunda canle de TVE en 2010.

Ás 17:00 horas terá lugar unha mesa de traballo na que participarán Pere Gimferreras e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar