Plan para a infancia e a adolescencia no Concello de Ourense

A Concellería de Asuntos Sociais está traballando na elaboración e, posterior aprobación do I Plan de Infancia e Adolescencia do municipio, tendo en conta o marco normativo de protección da infancia e adolescencia e as directrices de UNICEF. Consideramos que dende o Concello, como institución mais cercana ós/ás cidadáns, débense promover as condicións para favorecer a non discriminación e chegar en este caso, a todos os nenos, nenas e adolescentes.

A elaboración de dito plan implica a realización dunha diagnose para coñecer a realidade social da infancia e adolescencia no noso municipio, abríndose para elo un proceso, de carácter altamente participativo no que se lle dé voz ás nenas, nenos e adolescentes, implicando a todos os axentes sociais e institucionais que poidan facer as súas aportacións en aras a detectar carencias e necesidades co fin de realizar unha diagnose da realidade; elo implica unha primeira fase de análise para unha posterior labor de deseño de accións e obxectivos.

Certo é que, ésta e outras áreas municipais teñen implementados programas e accións moi diversas en relación á infancia e adolescencia pero mediante este Plan preténdese avanzar, en primeiro lugar, na coordinación intermunicipal e no establecemento de medidas de carácter transversal tendo en conta o demandado pola infancia e por todos os axentes sociais implicados mediante o proceso participativo que este goberno municipal pretende impulsar.

 

NO ENFOQUE DE UNICEF

 

A elaboración de dito Plan constitúe tamén un avance no enfoque de traballo marcado por UNICEF en canto o seu planteamento fundamental de facer efectivos os dereitos recollidos na Convención de dereitos da infancia, organismo co que o Concello de Ourense asinou en setembro do pasado ano un Convenio recoñecendo a Ourense ”Municipio aliado do Programa Cidades Amigas da Infancia”.

Para tal fin, é fundamental coñecer a opinión dos cidadáns, polo que dende a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, solicitamos a túa colaboración, coa finalidade de que nos indiques que debemos de mellorar para construír unha cidade mais habitable para todos e todas contestando estes

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar