Comeza “Musigalité”, unha experiencia televisiva, radiofónica e dixital da CRTVG

Musigalité_TVG

 

A CRTVG estrea  un novo espazo musical que lles permitirá aos apaixonados da música alternativa gozar dunha programación sen interrupción xa que, por primeira vez, se trata dun programa multiplataforma. “Musigalité” é o nome desta aposta do ente público polas novas tecnoloxías. Unha experiencia televisiva, radiofónica e dixital a través de contidos multimedia sincronizados e contados cun estilo fresco e actual.

Nunha proposta inédita na CRTVG, “Musigalité” estréase na TVG e será redifundido os sábados pola mañá. Así mesmo, o espazo elaborado pola produtora galega M International contará cunha web propia accesible a través de www.musigalite.gal, así como un programa radiofónico. Concretamente, emitirase os xoves ás 19.30 h. da tarde en Radio Galega Música e será redifundido nesta mesma emisora os sábados ás 14.30 h.

A primeira tempada de “Musigalité” contará con 13 programas de televisión e outros tantos de radio representativos da eclosión da música galega alternativa. En cada un deles, o espectador descubrirá tres grupos galegos cos que poderá viaxar ao redor de Galicia. O fío condutor de “Musigalité” será o relato dalgunhas das bandas de máis sona en Galicia.

Utilizando un estilo roadtrip documental, cada grupo irá amosando a súa música e as súas raíces, acompañándoas de actuacións en vivo. Os espectadores asistirán en primeira persoa aos procesos creativos da man das mellores bandas, no seu propio espazo, amosándolles como son realmente as entrañas dos seus universos. Os primeiros en amosar o seu traballo creativo serán hoxe o cantante Víctor Coyote, de Tui, e os grupos The Soul Jacket, de Nigrán, e The Kanaolas, da Coruña.

A nova aposta da CRTVG no espazo dixital (www.musigalite.gal) incorporará todas as posibilidades das novas narrativas transmedia (usando tecnoloxías desenvolvidas por http://www.e-xperience.tv/), que mostran una vez máis o compromiso dos medios públicos galegos por incorporar as últimas tendencias en medios audiovisuais e pola innovación. Cada capítulo de “Musigalité” estará a disposición do público na Internet, onde se engadirán contidos extra relacionados cos 39 artistas participantes, concertos, cancións, etcétera.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar