A Xunta recorre a sentenza do Tribunal Superior de Galicia sobre o concurso eólico

Parque eólico de Cabo Vilano
Parque eólico de Cabo Vilano

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, manifestou que o Goberno galego interporá recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a última sentencia coñecida do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) referente ao concurso eólico. “Non é unha sentencia firme”, subliñou Conde, quen destacou que hai outras sentencias do propio TSXG que son “contraditorias coa resolución que emite”.

Neste contexto, o conselleiro defendeu a seguridade xurídica do concurso eólico, lembrando que das 21 sentencias emitidas durante os últimos anos, 17 validan a legalidade e a constitucionalidade da lei eólica e do propio concurso. “O obxectivo é seguir traballando no desenvolvemento do concurso e garantir a seguridade xurídica do mesmo, traballando nesta aposta de cara ao futuro”, incidiu Conde.

O titular de Economía, Emprego e Industria apuntou que o Tribunal de Xustiza de Galicia considera que un dos 14 criterios que se aplicaron no concurso non está motivado. Non obstante, salientou Conde, ese mesmo Tribunal estableceu noutra sentencia a validez dos criterios e a imparcialidade da Xunta na valoración dos mesmos.

“Ante esta contradición, acudiremos ao Supremo, e seguiremos traballando para garantir a seguridade xurídica e para que os adxudicatarios poidan desenvolver o concurso”, afondou o conselleiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar