Catro alumnas representan ao Centro Superior de Hostalería no EmCup en Maastrich

Alumnas CSHG_Centro Superior Hostelería Hostalería de Galicia

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) participa por cuarto ano consecutivo na EmCup, The European Mise en Place Cup, que ten lugar en Maastricht, nos Países Baixos.

Trátase dunha competición internacional de xestión hoteleira na que participan os alumnos das mellores escolas de Europa e que pretende que afloren ideas e experiencias que axuden a mellorar o sector.

EmCup reúne así aos estudantes máis destacados, cun gran espírito empresarial e un alto nivel de compromiso de máis de 15 escolas europeas ofrecéndolles a oportunidade de mostrar a súa visión e as súas ideas.

Os obxectivos desta competición internacional son construír relacións, proporcionar unha experiencia práctica, ampliar o horizonte para a educación, construír unha ponte entre os estudantes e os empregadores e vincular aos mozos profesionais á industria.

 

CATRO ALUMNAS REPRESENTANTES

 

Flavia Braña, Paloma Fidalgo, María del Carmen Barreiro e Laura Piteira, que están a cursar o último curso do Diploma Superior en Xestión en empresas hostaleiras, son as catro alumnas que representan ao Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Esta experiencia única que supón participar nun concurso internacional lles permite coñecer e intercambiar opinións con outros alumnos. Ademais, constitúe unha oportunidade para facer novos contactos da industria hoteleira a nivel internacional, que lles poderán facilitar oportunidades de futuro no mercado laboral.

Esta iniciativa de HotelloTOP, a organización de redes para os graduados de Escolas de Dirección Hoteleira Internacional e co-creador do Mise en Place, converteuse nunha verdadeira institución dende a súa fundación en 2009.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar