Dous conductores atrapados en accidentes, liberados a pasada noite

Os Bombeiros de Ponteareas liberaron a pasada noite a unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir unha saída de vía. Trala alerta dun particular ás 22:15 horas, o persoal do112 Galicia informou aos efectivos do parque comarcal, que empregaron medios de excarceración para liberar á persoa.

Posteriormente a persoa foi evacuada en ambulancia a un centro hospitalario. Ademais, ao lugar acudiron, alertados polo 112 Galicia, técnicos de Urxencias Médicas, axentes de Tráfico e Policía Local e membros de Protección Civil.

O sinistro aconteceu na EP-4006, na saída da vila de Ponteareas cara ao concello das Neves.

BETANZOS

Tamén en Bergondo, os efectivos do parque comarcal de Betanzos interviñeron esta madruga nun accidente de tráfico que aconteceu na N-VI, na parroquia de Guísamo. Por causas que se descoñecen, un turismo envorcou e o seu condutor, e único ocupante, non podía saír polos seus propios medios. Así, os Bombeiros sacaron á persoa, que estaba ferida, pola parte de atrás do vehículo, sen chegar a empregar medios de excarceración.

A chamada dun particular ao 112 Galicia, pasados uns minutos das 03:00 horas de hoxe, serviu para poñer en alerta a Urxencias Médicas, Protección Civil de Bergondo e Garda Civil de Tráfico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar