O PP de Teo pide un pleno extraordinario sobre o control urbanístico de Texexe

 

José manuel Guerra_solicitude pleno extraordinario Teo_2

O portavoz do grupo municipal popular, José Manuel Guerra, a solicitude dun pleno extraordinario para a comparecencia das concelleiras de Seguridade Cidadá, Salomé Beiroa, de Anova; e de Urbanismo, Uxía Lemus, do PSOE, ao obxecto de ofrecer á opinión pública unha información documentada, completa e creíble do acontecido no caso do control urbanístico efectuado en Texexe, Calo.

A falta de transparencia do bipartito na xestión deste caso e a sucesión de incoherencias, contradiccións e oscurantismo das  respostas ofrecidas no pasado pleno ordinario,  leva ao grupo popular a adoptar esta iniciativa, por sentido da responsabilidade e ao obxecto de que se respecte o dereito da veciñanza a una información veraz e con transparencia.

O pleno ordinario do mes de xaneiro evidenciou, tanto polo tempo dedicado ao asunto como pola trascendencia das cuestións tratadas na quenda de preguntas, a necesidade de convocatoria dun pleno monográfico extraordinario acerca da actuación urbanística en Texexe.

Logo das evasivas da responsable de Urbanismo, Uxía Lemus, o Grupo Popular vén de coñecer que o informe técnico corrobora as observacións realizadas no informe da Policía Local que a Alcaldía anulou.

 

POLICIA LOCAL E INFRACCIÓN URBANÍSTICA

 

A día de hoxe, o asunto focaliza a súa atención en dúas cuestións fundamentais: a actuación da policía local e a suposta infracción urbanística. No que respecta a esta última, en canto se coñeceron as primeiras informacións, o bipartito inventou unha cortina de fume desviando a atención cara os axentes que inspeccionaran a obra no canto de dar explicacións acerca da actuación. Por tal motivo, os populares esixiron un informe técnico que corroborara ou desmentira as observacións realizadas polos axentes; as conclusións de dito informe técnico confirman que as observacións realizadas polos axentes eran correctas e as obras realizadas nas vivendas superaban sustancialmente o establecido na licenza solicitada.

No que atinxe á actuación da Policía Local, a Alcaldía realizou unhas graves acusacións segundo as cales os axentes vulneraran os dereitos dun veciño ao acceder ao interior da súa casa. Sen embargo, nos informes correspondentes non soamente consta que o propietario facilitou o acceso, senón que amosou total colaboración cos axentes e, ata o día de hoxe, non se coñece que interpuxera denuncia algunha polo tratamento que lle deran estes.

En definitiva, Teo está nun momento político crucial  no que a credibilidade do bipartito naufraga envolta nestas permanentes contradiccións e oscurantismo. Agora a Alcaldía ten un prazo de quince días para convocar o pleno extraordinario solicitado, segundo establece a normativa municipal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar