O incendio dun camión bloquea o túnel da Cañiza

O incendio dun camión obrigou esta madrugada a interromper a circulación na A-52, dirección Madrid, concretamente, nun tramo do Túnel de A Cañiza.

Ás 03:30 horas de hoxe, varios particulares informaban ao CAE 112 Galicia do suceso que, de inmediato, alertou aos Bombeiros de Ponteareas.

Unha vez no punto, os efectivos de extinción confirmaron que o camión ardía por completo e que, o fume afectaba ao interior do túnel.

Os axentes de tráfico víronse obrigados a desviar o tráfico pola N-120. Ademais dos bombeiros e da Garda Civil de Tráfico,  o persoal do 112 Galicia informou ao persoal do servizo de mantemento da estrada e do Concello.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar