Morre a cantante Paula Sueiro nun accidente de tráfico

Paula Sueiro_cantante_20 anos_morta accidente tráfico_Coristanco_2

Unha moza de 20 anos faleceu tras envorcar o coche no que circulaba pola AC-552, á altura da parroquia de Agualada, no concello coruñés de Coristanco. Trátase da cantante Paula Sueiro, que adquirira notoriedade en varios programas de televisión.

Tras sofrir o accidente de tráfico, por causas que se descoñecen, a muller quedou atrapada no interior do veículo. Así o explicou a persoas que alertou ao 112 Galicia ao fío das 16:30 horas. A partir de aí, requiriuse a intervención dos Bombeiros de Carballo, que excarceraron á persoa, xa falecida.

Ademais, un poste de alumeado público caeu enriba do vehículo sinistrado. Ata o lugar tamén acudiron técnicos sanitarios de Urxencias Médicas, efectivos do GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil de Coristanco.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar