Cierra “Xantar 2016” en Ourense, consolidado como dinamizador do sector agroalimentario galego

Xantar 2016_apio ao sector lácteo

Xantar pechou as portas da súa decimosétima edición, a terceira como cita internacional e especialmente adicada ó Entroido, logo de cinco días de intensa actividade que estiveron dirixidos a estreitar a cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal e a Iberoamericana a través da participación de México, país convidado, representado polo Estado de Morelos. Xantar 2016 remata contando coa fidelidade dos profesionais do sector e do público xeral tanto de Galicia como de Portugal. A organización estima que o salón acadou as 20.000 visitas.

O acto oficial de clausura estivo presidido pola conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, quen mostrou o apoio do goberno a esta cita que “representa unha magnífica oportunidade para dar a coñecer a nivel nacional e internacional o mellor dos produtos da nosa terra, elaborados e cociñados con mimo polos mellores profesionais da cociña galega”. A conselleira sinalou ademais que unha feira como esta o que persegue finalmente é a dinamización da nosa economía a través do sector agroalimentario, por unha banda, e tamén por medio do impulso ao eido hostaleiro, ambos sectores claves para o desenvolvemento de Galicia.

Xantar 2016_concurso cociña

Esta última xornada de Xantar estivo adicada ó Medio Rural e tamén a recoñecer o papel dos case trinta patrocinadores e colaboradores que fixeron posible esta 17ª edición de salón converténdoo nun exemplo de cooperación público-privada. Tamén foi o día adicado aos concellos de de Sober, Arnoia, e O Barco de Valdeorras, e tamén á Federación Galega de Municipios e Provincias,, FEGAMP, que participou por primeira vez neste salón.

Neste acto foron entregados ademais os premios do IV Concurso Xantar Gourmet- Edición especial Entroido no que se valoraba o emprego de productos de calidade de Galicia recoñecidos con D.O. ou I.X.P.. Na categoría de afeccionados os gañadores foron Rubén Amorín que levou o 2º premio coa receita “Cachucha trufada sobre escuma de pataca e repolo, aceite de chourizo e crocante de Orella de Entroido” e Anabel Rodríguez e José Luis Barros levaron o 1º premio co prato “Filloas recheas con mousse de castaña, salsa de chocolate e mel”.

No apartado de profesionais, o segundo premio foi Daiyane Barbosa e Cristina González Blanco, do IES de Vilamarín, que participaron coa receita “Milfollas de orella, botelo e crocante de lacón escoltado con fardiños de grelo e lastriños de pan de Cea”. O gañador deste concurso foi, por terceiro ano consecutivo, o cociñeiro de Melide, Manuel Garea, que presentou este prato Caña dorada, fusión de cocido” nos que empregou “Ternera Gallega”, “Lacón Gallego”, aceite adscrito ó CRAEGA e Pataca de Galicia, entre outros ingredientes.

O programa de actividades de Xantar 2016 presentou máis de 115 experiencias gastronómicas repartidas por primera vez en tres aulas gastronómicas, cunha media de dúas experiencias por hora de duración do salón, foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na súa meirande parte profesionais do sector que supoñen xa un 35% do total de visitas. Este programa incluíu exhibicións de cociña en directo na ques que participaron recoñecidos chefs de Galicia, Portugal, México e Costa Rica e nas que se puxeron en valor os produtos autóctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionales foron as máis de 25 catas comentadas de produtos como o viño, licores, conservas, queixos ou mel. Hai que engadir ademais as distintas degustacións ofrecidas polos expositores como as do Botelo de O Barco de Valdeorras por citar unha das ofrecidas nesta xornada de clausura.

Esta edición estivo marcada polo protagonismo do Estado de Morelos representando a México como país convidado. O director de Turismo do Estado, Sergio Perea, recoñeceu emocionado no acto de clausura que a súa participación no salón superou as expectativas da delegación morelense, composta tanto por representantes institucionais como empresarios da hostalería. Asegurou ademais que o éxito de Xantar está na “disciplina, traballo en equipo e corazón” entre a organización e os expositores que lle dan sentido ó salón.

Rematou así a 17ª edición de Xantar e a primeira cita do ano deste 2016 en Expourense. A vindeira feira será a 23ª Mostra da Oportunidade que se celebrará do 4 ó 6 de marzo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar