Morreu ao caerlle o cazo dunha escavadora en Marín

Un home que traballaba nunha obra que están a executar na estrada que une Marín con Moaña, en Macenlle, faleceu tras recibir un golpe co cazo dunha retroescavadora. Por causas que aínda se descoñecen, o cazo soltouse do brazo e caeu enriba do operario, que mesmo quedou atrapado.

O  112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Morrazo, que, finalmente, liberaron ao traballador. Cando estaba a piques de ser trasladado nunha ambulancia de Urxencias Médicas, o home faleceu.

Cando sucedeu o accidente, os traballadores estaban instalando unha tubaxe na cuneta. Ademais dos efectivos do parque comarcal, ata Macenlle se desprazaron as forzas da orde e os membros de Protección Civil de Marín, alertados polos xestores do 112.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar