Lugo:Os premios do XXI Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo xa teñen dono

Lara Méndez_alcaldesa Lugo_entrega premios relatos curtos Trapero Pardo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, entregaron este mércores no Salón de Plenos os premios do XXI Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo. Trátase dun certame posto en marcha polo Concello co obxectivo de contribuír a fomentar a creatividade literaria entre as rapazas e os rapaces lucenses de calquera centro educativo da provincia de Lugo de ensino non universitario.

Durante o acto, ao que tamén asistiron outros membros da Corporación Local así como familiares e amigos dos premiados, a alcaldesa agradeceu a implicación de todos os participantes “nun certame máis que consolidado”, tal e como o definiu a rexedora. Neste senso, Méndez felicitou aos gañadores ao tempo que os convidou a seguir lendo, a seguir escribindo e a continuar participando no resto de iniciativas organizadas polo Concello, “que vai seguir traballando para fomentar a aprendizaxe das xeracións máis cativas”.

Os premiados foron os seguintes:

Categoría de 12 a 14 anos:

1º Premio: Santiago García Rivas coa obra De Pedra, do CPR Divino Maestro de Lugo. Diploma, lote de libros e premio valorado en 200€.

2º Premio: David González López coa obra Maruxa Castaña, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo). Diploma, lote de libros e premio valorado en 100€.

3º Premio: Sofía Santos Ulloa coa obra Esperanza, do IES Lucus Augusti de Lugo. Diploma, lote de libros e premio valorado en 100€.

Categoría de 15 a 18 anos:

1º Premio: Andrea Estrella Arias Díaz coa obra Tras tanta choiva, do IES Ánxel Fole de Lugo. Diploma, lote de libros e premio valorado en 250€.

2º Premio: Elena Valle García coa obra Xogas?, do IES Perdouro de Burela (Lugo). Diploma, lote de libros e premio valorado en 130€.

3º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Sen ti son Eu, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo). Diploma, lote de libros e premio valorado en 100€.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar