Feijóo felicita a alumnos e mestres por reducir a taxa de fracaso escolar

 

Feijoo, premios extraordinarios2

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe aos alumnos con premio extraordinario e aos mestres e todo o sistema educativo galego por acadar a menor taxa de abandono escolar.

Durante o acto de entrega de diplomas dos Premios do Concurso Hispanoamericano de Ortografía e Premios Extraordinarios de Bacharelato, Formación Profesional de Grao Superior e Ensinanzas Artísticas Profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas, Feijóo afirmou que a Galicia que queremos é a Galicia das oportunidades, “e as oportunidades –aseverou- están no coñecemento”.

Feijoo, premios extraordinariosLogo de felicitar aos premiados polo esforzo e a valía, o titular do Goberno galego animounos a continuar ese camiño e quixo facer extensiva esta felicitación, tamén, a todos os mestres que, xunto con todo o sistema educativo público, están a acadar resultados extraordinarios para Galicia.

CONSTANTE REDUCCIÓN DO ABANDONO

Sobre este aspecto, Feijóo referiuse aos datos que acreditan unha constante diminución da taxa de abandono escolar temperá no sistema educativo galego, situándose a media do ano 2015 no 17%, case 9 puntos menos ca media de 2009. “Estamos –dixo- na taxa de abandono escolar temperá máis baixa desde que temos estatística”.

Máis polo miúdo subliñou que o dato do último trimestre de 2015 é de 15,7%, “achegándonos así ao obxectivo da Estratexia Educación e Formación 2020 da Unión Europea, do 15%”.

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención lembrando que a pesar da recesión económica durante estes anos creáronse máis de 13.000 novas prazas de Formación Profesional, un 50% máis.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar