Morre un home atropelado en Ponteareas

Unha persoa faleceu na tarde de onte tras ser atropelada no concello pontevedrés de Ponteareas. A vítima foi alcanzada por un vehículo na N-120, no punto quilométrico 642, en sentido A Cañiza. Así o relatou o particular que chamou ao 112 Galicia ás 20:00 horas de onte.

De seguido, púxose en coñecemento de Urxencias Médicas, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Ponteareas. Ademais, informouse ao persoal do servizo de mantemento e limpeza da vía do Ministerio de Fomento.

 

CONDUCTOR EXCARCELADO TRAS UN ACCIDENT EN MONFERO

 

Os efectivos do parque comarcal eumés excarceraron na tarde de onte a unha persoa que quedara atrapada no interior do seu vehículo. O coche sufrira unha saída de vía cando circulaba pola estrada que une os lugares de Campolongo e Irixoa, no termo municipal coruñés de Monfero, á altura de O Xestal.

O CAE 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de técnicos sanitarios ao fío das 19:30 horas de onte. De seguido, informouse, ademais dos Bombeiros, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a persoal do concello. No accidente viuse afectado, ademais, un poste de alumeado público, con risco de caída. Por outra banda, na noite de onte, o CAE 112 Galicia tivo constancia doutra saída de vía na que tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao Hospital O Castro de Vigo.

O sinistro tivo lugar en Mos, ao fío das 22:00 horas de onte, cando un vehículo saíuse da vía mentres circulaba pola estrada de Sanguideña, á altura do polígono de Veigadaña. Tras recibir o aviso dun particular que indicaba que podería haber persoas atrapadas, o persoal do CAE 112 Galicia informou aos Bombeiros do Baixo Miño que, finalmente, non tiveron que intervir. Ademais, púxose en coñecemento de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e o grupo de emerxencias de Mos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar