«Merenda no Gaiás» ofrece mañana música, teatro y una merienda con productos autóctonos

Merenda no Gaiás

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida este hoy martes a unha ‘Merenda no Gaiás’ con tres ingredientes: degustación dos mellores produtos galegos, música e teatro. A partir das 16 horas, o Museo Centro Gaiás abrirá as súas portas para que grandes e pequenos gocen cos mellores produtos galegos e poidan facerse con eles no Mercado de Nadal organizado para eles. Ademais, todos os participantes recibirán unha merenda saudable composta por froita e doces.

A partir das 17 horas será a quenda do humor grazas ao ‘Cocido sinfónico’ de Os Tres Tenedores, unha divertida peza teatral na que tres vagabundos se converten en cociñeiro, camareiro e xefe de cociña e amosarán a súa peculiar forma de elaborar un menú. E do teatro á música grazas a Odaiko Percusión que, a partir das 18:30 horas, subirá ao escenario para deleitarnos co seu virtuosismo e conseguir facer música con calquera obxecto en ‘Cocido viaxeiro’.

Á ‘Merenda de Nadal’ asistirá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que entre ambos os dous espectáculos será o encargado de entregar os premios do concurso de postais ‘Imaxina o teu Nadal no Gaiás’. Ademais de asistir á merenda, os seis gañadores recibirán un agasallo e un lote de libros.

As entradas para a ‘Merenda de Nadal’ xa están á venda a un prezo de 5 euros no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com (+ gastos de xestión). Este evento conta con ofertas especiais que se poden consultar en www.cidadedacultura.gal.

FINDES NA BALEA

‘Nadal no Gaiás’ compleméntase coa programación das actividades didácticas ‘Findes na balea’, que durante os sábados e domingos de decembro e xaneiro seguirán alternando un servizo de ludoteca (sábados) con obradorios fotográficos (domingos) nos que achegarse á exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ e converterse en artista por un día.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar