Ourense:Bodegas Docampo incorpórase como colaborador de Xantar 2016

Xantar_Bodegas Docampo_Rubín

O xerente de Bodegas Docampo, Jerónimo Docampo, e o director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, firmaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas entidades que se desenvolverá durante a celebración de Xantar 2016. Iniciase así un marco de colaboración para promover accións promocionais da bodega no ámbito do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar que este ano celebra a súa 17ª edición.

Deste xeito, a Bodega reforza a súa presenza en Xantar participando en numerosas actividades. O Concurso Cociñar con Viño organizado por esta vitivinícola volve a Xantar para celebrar a súa cuarta edición. Coas bases para participar xa convocadas, os interesados teñen de prazo para apuntarse ata o 11 de xaneiro. As seis recietas finalistas terán a oportunidade de realizar o seu prato en directo e ante un xurado profesional en Xantar.

Ademáis de organizar a final deste concurso no salón, Bodegas Docampo contará cun stand promocional e organizará actividades na Aula de Cata e Gastronómica nas que impartirá showcookings e catas profesionais que poderán desfrutar todas aquelas persoas que se acheguen ata o recinto feiral entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016. Tamén poderá verse no recinto a exposición do Certame de Fotografía “Viña do Campo”.

México será o país convidado de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará entre o 3 e o 7 de febreiro do próximo ano e que estará representado polo Estado de Morelos. Ademáis o salón este ano terá un capítulo especial adicado ao Entroido.

Para máis información consultar:
www.xantar.org
www.bodegasdocampo.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar