Favorable acollida en Vigo do «Termalismo saudable» de Ourense

Rosendo Fernández_clausura xornadas termalismo en Vigo

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou en Vigo no Foro Atlántico «Ourense provincia termal», un evento que tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia con representantes institucionais e empresariais e colectivos sociais e no que Fernández expuxo os elementos que caracterizan á provincia de Ourense pola súa riqueza termal, ademais de presentar o programa de «Termalismo saudable» que desenvolve a Deputación de Ourense.

O acto contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen destacou a «relación de irmandade» entre Ourense e Vigo, e subliñou a importancia das políticas sociais. Rosendo Fernández remarcou a necesidade «de seguir impulsando a cooperación público-privada a prol do sector do termalismo, como ven facendo a Deputación de Ourense», e afirmou que o Plan «Ourense, a provincia termal», promovido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e que están a executar o goberno provincial e a Xunta de Galicia «conta con iniciativas concretas, cun cronograma de actuacións e con compromisos das administracións coas achegas económicas correspondentes, para facer realidade os soños de moitas xeracións e pór en valor o noso gran recurso. O noso gran tesouro: o termalismo».

O foro de debate enmárcase dentro do programa de termalismo social que a Deputación de Ourense e os balnearios da provincia desenvolven por terceiro ano consecutivo e con cifras que seguen a incrementarse, 7.000 pernoctacións en 2015.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar