O musical «Carapuchiña vermella» chega ao Auditorio Afudación de Pontevedra

Carapuchiña bermella_Abanca_2
O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) acolle este domingo 20 de decembro, en dúas funcións, ás 12.00 e ás 17.00 h., o espectáculo musical
Carapuchiña vermella, o musical, desenvolvido e interpretado por EducaTeatro Producións. Dirixido a toda a familia, Carapuchiña vermella é un show que combina teatro, baile, cancións e moita diversión para que pequenos e maiores o pasen en grande, gozando unha vez máis desta coñecida historia contada dun modo un tanto diferente. Sete cancións orixinais, compostas por Xurxo Fernández, e interpretadas en directo polos protagonistas da obra, poñerán banda sonora á divertida viaxe de Carapuchiña, esa nena de nove anos que un día sae á busca de aventuras. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

EDUCATEATRO PRODUCIÓNS

Carapuchiña bermella_Abanca_1EducaTeatro Producións® é unha compañía dedicada á produción e distribución de espectáculos infantís. A música, a lingua e a diversión son os alicerces fundamentais dos seus traballos. Na actualidade contan con dúas obras de produción propia en cartel: Os tres porquiños e Carapuchiña vermella, o musical. Tamén distribúen El Camino de Santiago, da compañía galego-andaluza Escuadra 17 Teatro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar