Fernán Vello propón en Vilalba plans agrarios baseados na agricultura a pequena escala

Fernán Vello_En Marea_xerais 2015

En Marea estivo en Vilalba para  presentar as propostas da coalición á cidadanía da vila. Na Biblioteca Municipal, Miguel Anxo Fernán Vello, número 1 na lista ao Congreso pola provincia de Lugo; José Manuel Perez Afonso, número 3 ao Congreso e Modesto Rendal número 3 ao Senado, estiveron apoiados pola eurodeputada Lidia Senra e o deputado de AGE, Antón Sánchez.

Miguel Anxo Fernán Vello comezou facendo unha homenaxe á Vilalba da cultura. “É unha vila con unha gran tradición histórica de poetas e escritores , como Ramón Chao, Agustín Fernández Paz, Dario Villanueva ou Xosé Chao Rego, falecido recentemente –dixo-. Tamén quero render homenaxe a Lois Peñanovo, lembrando a fundación das Irmandades da Fala aquí en Vilalba fai case un século, no 1916”.

Despois de destacar a riqueza cultural da vila, Fernán Vello entrou a describir algún dos problemas máis importantes que lle afectan á zona. “En Vilalba  é altamente preocupante a situación do sector primario, que o propio concello recoñece que é un sector pouco desenvolvido”, apuntou. Por iso, dende En Marea plantexan un investimento no rural con plans específicos para un novo modelo baseado no sustentábel, na capacidade de produción de alimentos e en unha agricultura de pequena escala e de proximidade.

“Tamén se necesita un plan de rescate veciñal –engadiu-, con axudas directas a familias con problemas económicos e axudas para a modernización das explotacións agrarias. En este sentido, E Marea aposta pola creación dunha banca pública ética, que resulta fundamental para atender os plans de desenvolvemento local que precisa o mundo rural”.

A eurodeputada Lidia Senra, polo seu lado, incidiu tamén en que a economía agraria é o piar económico fundamental e imprescindíbel para manter a economía do rural  e do país. “Se as aldeas van quedando valeiras porque as explotacións pechan nas crises ou non teñen relevo, calquera intento de manter a economía no medio rural acaba fracasando”.

No mesmo senso que Fernán Vello, Lidia Senra asegurou que “necesitamos unha política agraria pública que teña como obxectivo prioritario diversificar a produción dos alimentos. O uso prioritario da terra ten que ser a produción de alimentos, por diante da minería (disto na comarca da Terra Chá sabedes moito), da forestación  ou de calquera outro uso”.

Ademais, incidiu en que os prezos dos produtos agrarios, carne, leite, verduras,… teñen que estar no centro das políticas agrarias. “Non se pode obrigar a vender por debaixo dos custes de produción ou a depender das axudas”. E apoiou decididamente a incorporación das mozas e dos mozos á actividade agraria.

“En marea, entrará con forza e como grupo parlamentario galego defenderá con uñas e dentes políticas agrarias públicas e un verdadeiro desenvolvemento

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar